postit-gl

Docencia

Cursos, talleres, bolsas ...

Dirixidas a xóvenes licenciados en veterinaria e o seu obxectivo é a adquisición dunha base sólida de coñecementos teóricos e prácticos en clínica veterinaria a través da súa estancia no hospital durante un ano.
O programa de internado esta deseñado para preparar aos candidatos para o seu posterior acceso a programas de residencia, así como proporcionar unha formación e experiencia avanzada para afrontar o exercicio profesional; por este motivo o programa ten dúas especialidades: pequenos animais e grandes animais.

Existen dúas convocatorias, unha comeza en abril e outra en outubro de cada ano, as bases do proceso selectivo publícanse nesta páxina web, aproximadamente un mes e medio antes de comezar o periodo de internado.

As bolsas SAC (Servizo de Atención Continuada) están dirixidas a xóvenes licenciados en veterinaria con experiencia en clínica veterinaria hospitalaria.
O seu obxectivo é a consolidación dos seus coñecementos teórico e prácticos en clínica de urxencias veterinarias a través da súa estancia no hospital en horario nocturno durante unha ano.

Dirixidas a xóvenes licenciados en veterinaria con experiencia en clínica veterinaria hospitalaria.
O seu obxectivo é completar a formación en áreas clínicas con carácter asistencial, mediante unha estancia neste hospital de un ano.

As bolsas de técnico superior, están dirixidas a xóvenes que finalicen o módulo de formación profesional de ciclo formativo de grao superior da familia de sanidade. O seu obxectivo é adquirir unha base sólida de coñecementos teóricos e prácticos da actividade dun hospital veterinario universitario. Este programa está deseñado para preparar ao candidato e a súa posterior inserción laboral en centros veterinarios ou do ámbito sanitario en xeral.

A publicación das bases da convocatoria publicaranse nesta web, durante a segunda metade do mes de setembro de cada ano.

cursosCursos, conferencias, xornadas veterinarias e outros enventos dirixidos ó mundo veterinario en xeral, co proposito de actualizar e ampliar coñecementos.

 

 

becas internado

becas TSFP

becas SAC

programa helper-es

becas apoyo

programa junior-es

200x90 Xunta Conselleria Educacion200x90 USC200x90 Concello200x90 Deputacion

Utilizamos cookies para mejorar nuestro sitio web y su experiencia al usarlo. Las cookies utilizadas por el funcionamiento esencial de este sitio ya se han establecido. Para saber más sobre las cookies que utilizamos y cómo eliminarlas, consulte nuestra página sobre el uso de cookies.

  Acepto las cookies de este sitio.
Información sobre las Cookies
Directiva de la UE sobre el uso de Cookies