Cita previa: 982 820 920

Urgencias mascotas: 600 940 226

Grandes animales: 647 344 320

Idiomas ES GL EN

Idiomas ES GL EN

Servizo de Información sobre Residuos de Fármacos en Alimentos (SIRFA).

servicio sirfahuevos

O SIRFA é un servizo gratuito de información para a prevención de residuos en produtos animais que proporciona a Fundación Pública Galega Rof Codina coa colaboración do Departamento de Farmacoloxía da Facultade de Veterinaria (Universidade de Santiago de Compostela).

O servizo pertence á rede internacional FARAD (Food Animal Residue Avoidance Databank) que conta cunha base de datos creada, gestionada e actualizada por farmacólogos, toxicólogos e veterinarios sobre:

  • Residuos de fármacos en alimentos (ovos, carne, leite, etc.)

  • Límites máximos de residuos (LMR)

  • Tóxicos e contaminantes ambientais

ovejasProporciona asesoramiento ao veterinario para establecer o tempo de espera en función do fármaco e a dose empregada, a especie animal, a patoloxía ou o tipo de intoxicación.

Próximamente ofrecerase un servizo de rexistro de incidencias e de asesoramiento en materia de farmacovixilancia.

LMR e TEMPO DE ESPERA

Logo da administración dun medicamento ou tras unha intoxicación accidental, o principio activo absórbese, distribúe e acumula no organismo. Este fármaco ou os seus metabolitos poden permanecer nos produtos alimenticios derivados do animal dando lugar aos residuos. Para evitar os efectos nocivos dos residuos sobre a saúde establécense os límites máximos de residuos (LMR).

pecesO tempo que debe transcorrer desde que finaliza o tratamento ou se produce a intoxicación ata que o animal metaboliza ou elimina o fármaco ou tóxico alcanzando niveis inferiores ao LMR denomínase periodo de supresión ou tempo de espera. Durante o tempo de espera non se poden consumir nin comercializar os produtos alimenticios derivados dese animal (carne, leite ou ovos). Prolongar a duración do tempo de espera por encima do necesario pode supoñer un prexuízo económico para o productor e reducilo demasiado constitúe un risco sanitario.

conejoPara calquera consulta dirixirse a:

sirfa@rofcodina.org

Servicio de Información sobre Residuos de Fármacos en Alimentos
Hospital Veterinario Universitario Rof Codina
Estrada da Granxa S/N, 27002 Lugo
Teléfono: 982 820 920
Fax: 982 285 893

Logo USC

Departamento de Farmacología
Facultad de Veterinaria de Lugo.
Red FARAD

Noticias Recientes

Reciba un aviso cuando publiquemos noticias nuevas

Reciba un aviso cuando publiquemos noticias nuevas

Consulta la actualidad de la Fundación Pública Galega Rof Codina y otras noticias de interés sobre docencia, asistencia e investigación veterinaria y biomédica.