

O SIRFA é un servizo gratuito de información para a prevención de residuos en produtos animais que proporciona a Fundación Pública Galega Rof Codina coa colaboración do Departamento de Farmacoloxía da Facultade de Veterinaria (Universidade de Santiago de Compostela).
O servizo pertence á rede internacional FARAD (Food Animal Residue Avoidance Databank) que conta cunha base de datos creada, gestionada e actualizada por farmacólogos, toxicólogos e veterinarios sobre:
-
Residuos de fármacos en alimentos (ovos, carne, leite, etc.)
-
Límites máximos de residuos (LMR)
-
Tóxicos e contaminantes ambientais
Proporciona asesoramiento ao veterinario para establecer o tempo de espera en función do fármaco e a dose empregada, a especie animal, a patoloxía ou o tipo de intoxicación.
Próximamente ofrecerase un servizo de rexistro de incidencias e de asesoramiento en materia de farmacovixilancia.
LMR e TEMPO DE ESPERA
Logo da administración dun medicamento ou tras unha intoxicación accidental, o principio activo absórbese, distribúe e acumula no organismo. Este fármaco ou os seus metabolitos poden permanecer nos produtos alimenticios derivados do animal dando lugar aos residuos. Para evitar os efectos nocivos dos residuos sobre a saúde establécense os límites máximos de residuos (LMR).
O tempo que debe transcorrer desde que finaliza o tratamento ou se produce a intoxicación ata que o animal metaboliza ou elimina o fármaco ou tóxico alcanzando niveis inferiores ao LMR denomínase periodo de supresión ou tempo de espera. Durante o tempo de espera non se poden consumir nin comercializar os produtos alimenticios derivados dese animal (carne, leite ou ovos). Prolongar a duración do tempo de espera por encima do necesario pode supoñer un prexuízo económico para o productor e reducilo demasiado constitúe un risco sanitario.
Para calquera consulta dirixirse a:
sirfa@rofcodina.org
Servicio de Información sobre Residuos de Fármacos en Alimentos
Hospital Veterinario Universitario Rof Codina
Estrada da Granxa S/N, 27002 Lugo
Teléfono: 982 820 920
Fax: 982 285 893

Departamento de Farmacología
Facultad de Veterinaria de Lugo.
Red FARAD