A Fundación Pública Galega Rof Codina publica as bases da convocatoria anual de 3 bolsas de formación profesional.
As bolsas de formación profesional, están dirixidas a mozos/as que finalicen o módulo de formación profesional de ciclo formativo de grao superior da familia de sanidade, co obxectivo de adquirir unha base sólida de coñecementos teóricos e prácticos da actividade dun hospital veterinario universitario.
Este programa está deseñado para preparar aos candidatos e a súa posterior inserción laboral en centros veterinarios o do ámbito sanitario en xeral.
Bases da convocatoria, temario e solicitude de admisión.