Ensaios multidisciplinares

Desde os diferentes servizos do hospital, desenvólvese un amplo abanico de liñas de investigación que con frecuencia presentan unha implicación multidisciplinar. Así, relacionado co ámbito da cirugía e a traumatología estúdase a avaliación de biomateriales de osteosíntesis de gran importancia nos procesos de reparación ósea.
O servizo de diagnóstico por imaxe está involucrado no desenvolvemento do coñecemento sobre anatomía radiográfica da fauna silvestre e distintos aspectos da ecografía vascular.Tamén se realizan ensaios sobre a seguridade e eficacia de diversos protocolos anestésicos en veterinaria.