A comisión de valoración do proceso selectivo de conformidade coas bases da convocatoria, acorda facer públicas as puntuacións da entrevista persoal e o resultado provisional do proceso selectivo (“Fase 2”)
31 de xullo, 2026
Publícase o listado definitivo da “Fase 1”.
23 de xullo, 2026
A Comisión de Valoración do proceso selectivo para a constitución dunha lista de agarda para contratacións temporais na categoría de Auxiliar Administrativo/a de Administración e Servizos da Fundación Rof Codina M.P., de conformidade coas bases da convocatoria e unha vez finalizada a valoración dos méritos achegados, acorda:
- Publicar as puntuacións provisionais obtidas polas persoas candidatas en cada un dos apartados de baremación, así como a puntuación total correspondente á Fase I.
- Publicar os criterios de valoración da entrevista persoal.
- Facer públicas a data e a hora de realización das entrevistas das persoas candidatas convocadas.
Así mesmo, de acordo co establecido nas bases da convocatoria, concédese un prazo de tres (3) días hábiles para a presentación de reclamacións fronte ás puntuacións provisionais publicadas.
6 de xullo, 2026
Unha vez rematado o prazo de alegacións, publícase o listado definitivo de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo.
29 de xuño, 2026
Publícase o listado provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo:
8 de xuño, 2026
O obxecto da presente convocatoria é a regulación do proceso de selección para a formación dunha lista de agarda para contratacións de duración determinada na categoría auxiliar administrativo de administración e servizos na Fundación Rof Codina, M.P.
