RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO PROCESO SELECTIVO
Reunida a comisión de valoración do proceso selectivo para a formación dunha lista de agarda para contratacións laborais temporais na categoría de limpador/a no CEBIOVET pola Fundación Rof Codina M.P., de conformidade coas bases da convocatoria e realizada a valoración correspondente, acorda facer público a seguinte resolución.
10/07/2024
RESOLUCIÓN PROVISIONAL DO PROCESO SELECTIVO
A comisión de valoración do proceso selectivo para a formación dunha lista de agarda para contratacións laborais temporais na categoría de limpador/a no CEBIOVET pola Fundación Rof Codina M.P., de conformidade coas bases da convocatoria e realizada a valoración correspondente, acorda facer pública a seguinte resolución.
4/7/2024
LISTAXE DEFINITIVO DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS
Publícase a lista definitiva de persoas admitidas ao proceso de selección da lista de agarda na categoría de limpador/a no CEBIOVET. Convócase ás persoas que pasaron a segunda fase á entrevista persoal que se realizará o próximo martes 9 a partir das 12:00 horas no HVU-RC.
1/07/2024
LISTAXE PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS
Publícase a lista provisional de persoas admitidas ao proceso de selección da lista de agarda na categoría de limpador/a no CEBIOVET
19/06/2024
Convocatoria
Convócase o procedemento para a formación dunha lista de agarda para contratacións con carácter temporal na categoría de limpador/a no centro Cebiovet, as funcións son:
- Limpeza xeral das estancias do centro.
- Limpeza das estancias nas que se estabulan os diferentes animais do centro.
- Alimentación e manexo dos animais estabulados no centro.
O prazo de entrega de solicitudes é do 20/06/2024 ao 28/06/2024. Estas poden entregarse presencialmente na Secretaría da Fundación Rof Codina ou por vía telemática no correo xestion@rofcodina.gal.