A Fundación Pública Galega Rof Codina convoca Concurso Público para cubrir unha praza de veterinario/a para traballar no proxecto de investigación denominado “Aproveitamento de descartes da pesca mediante o deseño de alimentos dietéticos de alto valor engadido para mascotas”.
O prazo de solicitude de bases e presentación de instancias será de 5 días hábiles contados a partir
do día seguinte da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Data de apertura de solicitudes: 21/03/2023 as 00:00 horas.
Data de fin presentación de solicitudes : 27/03/2023 as 23:59 horas.
 
															 
															