Cita previa asistencia: 982 820 920

Urxencias veterinarias: 600 940 226

Idiomas ES GL EN

Idiomas ES GL EN

Servizo de Radioterapia

HVURCUSCTRATAMENTOS DE RADIOTERAPIA
HOSPITAL VETERINARIO UNIVERSITARIO
ROF CODINA. LUGO

LABORATORIO DE RADIOFÍSICA
SANTIAGO DE COMPOSTELA. USC

 

rt 01

A Unidade de Radioterapia do HVU-Rof Codina dispón dunha bomba de Cobalto 60 que se sitúa no Laboratorio de Radiofísica da USC no Campus de Santiago. Este equipo, que emite radiación gamma de alta enerxía, permite tratar tumores localizados a certa profundidade nos tecidos. Con esta modalidade de radioterapia a difusión da radiación é máis uniforme que cos equipos de ortovoltaxe, e é posible variar o tamaño do campo ou empregar modificadores do fai para conseguir unha dose máis uniforme. Ademais, conséguense reducir os danos colaterales que sofre o epitelio cutáneo, xa que a dose máxima (dmax) concéntrase baixo a superficie da pel.
Os tratamentos pautanse e planifícanse no Hospital Veterinario Universitario Rof Codina (HVU-RC), onde tamén se leva a cabo a coordinación e o seguimiento do tratamento, ademais da atención veterinaria que poidan requirir os pacientes durante e despois do mesmo.

Actualmente, na Unidade de Radioterapia do HVU-RC realízanse únicamente tratamentos que impliquen o uso de protocolos hipofraccionados. Nestes aplícanse doses totais máis baixas que coa radioterapia convencional, nunha ou dúas sesións por semana, cunha duración total de tres a seis semanas.

 
rt 02

Estes tratamentos considéranse tratamentos de tipo paliativo, é dicir, o seu obxectivo é mellorar a calidade de vida do paciente aliviando a sintomatoloxía e conseguindo nalgúns casos reducir ou frear o crecemento do tumor. Requiren menos sesións que os tratamentos convencionais, que son diarios ou en días alternos, e os efectos secundarios agudos son máis leves. O seu principal inconveniente é que os tempos de control do tumor son máis baixos que os obtidos con terapias convencionais. Ademais espérase unha maior probabilidade de que poidan ocorrer efectos secundarios graves a longo prazo (necrosis óseas, fibrosis…) Por este motivo adoitan reservarse para tumores con pouca probabilidade de cura no momento do diagnóstico. Non obstante algúns estudos publicados sobre este tipo de terapias apuntan a que determinados tumores poderían responder de forma adecuada, con tempos de control similares aos tratamentos convencionais.

Para os tumores con posibilidade de cura no momento do diagnóstico ou de maiores expectativas de control a longo prazo, aconséllase a aplicación de protocolos convencionais, diarios ou en días alternos. Actualmente no noso centro non ofertamos este tipo de tratamentos. A partir de decembro de 2013 plantearémonos a posibilidade de realizalos na modalidade de días alternos.

Para saber exactamente si está ou non indicada a radioterapia nun paciente e que protocolo sería o máis adecuado, solicitaremos ao veterinario que refire o caso os resultados das biopsias, aspirados e/ou das probas de diagnose por imaxe realizadas, a fin de establecer o tipo de tumor, grado e a sua estadificación. Ademais, requírese un informe xeral sobre o estado de saúde do paciente (analítica completa e ECG) para poder realizar a valoración anestésica. É fundamental coñecer si efectuáronse tratamentos previos ou si a combinación deste tratamento con quimioterapia/cirurxía son opcións a considerar, pois é importante a sincronización destes tratamentos co tratamento de radioterapia, especialmente no caso da cirurxía.

Os pacientes que vaian recibir o tratamento con radioterapia, citaranse no HVU-RC para unha consulta previa e para realizar as probas necesarias para a planificación do tratamento que implicará a realización dunha tomografía computerizada (TC). Estudado o caso, establecerase o número de sesións e duración do tratamento.

Os tratamentos de radioterapia efectuaranse no Laboratorio de Radiofísica da USC situado en Santiago de Compostela coa participación dun radiofísico e dous veterinarios do HVU-RC.

Este gran proxecto, no que levamos varios anos traballando, está comezando a camiñar, e a nosa ilusión e obxectivo é que a radioterapia veterinaria sexa, ao fin, unha realidade no noso país.

Para máis información ou consulta e valoración de casos clínicos: Tlf: 982 820 920 (Diagnose por Imaxe)

{sigplus crop=0}servicios/radioterapia/galeria{/sigplus}

Noticias Recientes

Reciba un aviso cuando publiquemos noticias nuevas

Reciba un aviso cando publiquemos novas

Consulta a actualidade da Fundación Pública Galega Rof Codina e outras novas de interese sobre docencia, asistencia e investigación veterinaria e biomédica.