Cita previa asistencia: 982 820 920

Urxencias veterinarias: 600 940 226

Idiomas ES GL EN

Idiomas ES GL EN

Transparencia
Responsabilidade social da FPG-RC

A responsabilidade social é un termo que se refire ao compromiso que teñen os individuos ou membros dun grupo ou organización en beneficio da sociedade. Así, a Fundación Pública Galega Rof Codina adquire a obriga de responder ante a sociedade no xeral e, en especial, ante algúns grupos no específico. Neste senso, lévanse a cabo os seguintes proxectos e colaboracións:

· Colaboración coa Sociedade Protectora de Animales y Plantas de Lugo.
O Hospital Veterinario Rof Codina (HVU-RC) atende de forma gratuíta e altruísta os casos remitidos da Sociedad Protectora de Animales y Plantas de Lugo (SPAPL). Isto supón un elevado número de consultas e tratamentos médicos, etolóxicos e cirúrxicos así como un gran número de probas laboratoriais e de diagnóstico por imaxe.

· Colaboración coa Asociación Gallega de Adopción de Exóticos.
O HVURC colabora estreitamente con esta asociación atendendo de forma gratuíta consultas de comportamento destes animais e realizando tratamentos cirúrxicos cando se precisan.

· Colaboración coa Asociación Michos de Lugo.
Recentemente estableceuse a colaboración coa Asociación Michos de Lugo pola que o HVURC presta o seu apoio etolóxico, médico e cirúrxico cos gatos de colonias da nosa cidade.

· Colaboración coa Asociación Dignidade.
Unha nova colaboración coa Asociación Dignidade e SPAPL deu lugar ao proxecto «Xoga con nos» polo que os nenos que viven no centro de acollida acoden ás clases de cachorros da SPAPL coa finalidade de favorecer a socialización destes últimos e conseguir que os nenos establezan un contacto positivo cos animais e a natureza.

· Colaboración co Servizo de Educación e Apoio Familiar do Concello de Baiona.
Outro dos proxectos nos que se está xestando a colaboración do HVURC é no Proyecto Vincúlate no que participan o Servicio de Educación e Apoio Familiar do Concello de Baiona, a Protectora de Animales Palleiros e a empresa de terapias asistidas con animais ADA. Nel realízase un programa de terapia asistida con animais no que se pretende traballar diferentes aspectos relacionados coa intelixencia emocional en distintos colectivos. Alén disto, os cans da protectora benefícianse das actividades mellorando con elas o seu benestar.

· Educación da sociedade.
A Fundación Pública Galega Rof Codina ten o compromiso de educar á sociedade sobre o benestar e a posesión responsábel de animais. Neste senso organizou diversas palestras coa SPAPL e AGAE. En concreto, a última foi realizada no IES Espiñeira de Boiro, na que se instruíu aos adolescentes sobre a responsabilidade de ter animais exóticos.

Se quere saber máis sobre o labor da Fundación Pública Galega Rof Codina, pode consultar a nosa sección de actualidade e novas relacionadas.