Cita previa asistencia: 982 820 920

Urxencias veterinarias: 600 940 226

Idiomas ES GL EN

Idiomas ES GL EN

A Fundación Rof Codina avanza na normalización do seu marco laboral coa sinatura do primeiro acordo entre a Xerencia e os representantes dos traballadores

Lugo, 4 de maio de 2023. Os traballadores da Fundación Rof Codina contarán, dende o día 8 de maio, cun marco laboral que avanza cara a normalización grazas ao acordo asinado no día de hoxe pola Xerencia da Fundación coa representación dos traballadores, composta por Almudena Graña (CIG), José Luis Arias (CIG) e Mónica Vila (CC.OO). 

Este acordo supón un primeiro paso esencial para superar unha situación na que a ausencia dun convenio colectivo xera unha falta de definición en termos de xestión á hora de regular a relación laboral dos traballadores da Fundación. 

Convenio colectivo

Unha vez asinado este primeiro acordo, e co claro obxectivo de contar cunha ferramenta esencial en termos de xestión no marco laboral como é un convenio colectivo propio, a Xerencia tamén acordou coa representación dos traballadores iniciar a negociación dun convenio específico para o persoal que presta servizos na Rof Codina.

Noticias Recientes

Reciba un aviso cuando publiquemos noticias nuevas

Reciba un aviso cando publiquemos novas

Consulta a actualidade da Fundación Pública Galega Rof Codina e outras novas de interese sobre docencia, asistencia e investigación veterinaria e biomédica.