Cita previa asistencia: 982 820 920

Urxencias veterinarias: 600 940 226

Idiomas ES GL EN

Idiomas ES GL EN

Convocatoria de prazas de colaborador «HELPER» (Grandes Animais) no HVU-Rof Codina para o curso 2023/24

O Hospital Veterinario Universitario Rof Codina convoca 8 prazas de alumno/as colaboradores para o curso 2023/24 de estudantes de cuarto curso de grao, 4 prazas para RUMIANTES e 4 prazas para ÉQUIDOS .

  1. Débese ter en conta que a colaboración leva a cabo ao longo de todo o ano (período lectivo e non lectivo: XUÑO 2023-XUÑO 2024).
  2. O alumno colaborador hospitalario debe cumprir co horario establecido. Este compromiso de carga horaria adicional deberá ser compatible coas súas responsabilidades académicas e o alumno colaborador hospitalario debe manter un bo rendemento nos seus estudos.
  3. O alumno colaborador hospitalario participará, fóra do período de docencia regrada, na atención e coidado dos pacientes baixo a supervisión dos membros estables do servizo clínico.
  4. O alumno colaborador hospitalario axuda a outros alumnos en actividades clínicas que se realicen nun horario claramente diferenciado da actividade docente regrada.
  5. O alumno colaborador hospitalario poderá renunciar voluntariamente, perdendo a súa condición e non podendo optar novamente en ningunha outra convocatoria.
  6. A condición de alumno colaborador hospitalario extínguese no momento en que se finalicen os estudos da titulación.
  7. Ao termo do período emitirase un informe anual de aproveitamento e de actividades realizadas, nos casos en que así se corresponda.
  8. É obrigatorio asinar o compromiso da lei de protección de datos, xa que non se poden tomar imaxes ou datos da actividade do HVURC.
  9. É obrigatorio asinar á entrada e á saída de cada período de garda, noites incluídas.
  10. Pódense realizar cambios de gardas entre «helper», pero deben de quedar reflectidos no calendario.
  11. Ao principio, todos os «helper», asinarán un documento de compromiso.
  12. Horario:
    • Realizaranse gardas de semana de 2 helper en cada servizo (Ruminantes e Équidos) incluíndo as fins de semana e os festivos.
    • Os horarios e/o número de «helpers» poderanse modificar en función das necesidades do hospital, previa reunión.

Os candidatos deben presentar as súas solicitudes segundo o seguinte modelo

acompañado de:

  • Expediente académico baremado. Non é necesario orixinal, coa copia que se obtén na secretaria virtual é suficiente.
  • Fotocopia do DNI ou documento equivalente.
  • Relación de cursos, prácticas extracurriculares ou calquera outro mérito que o candidato desexe facer constar (debidamente xustificado).

Prazo de entrega: do 15 ó 19 maio de 2023 (incluído).

Lugar de entrega: recepción do HVU-RC. Horario de 09:00 a 18:00.

Data de resolución: 26 de maio de 2023.

Reunión cos candidatos seleccionados: organizarase por correo electrónico en biblioteca do HVU-RC.

Noticias Recientes

Reciba un aviso cuando publiquemos noticias nuevas

Reciba un aviso cando publiquemos novas

Consulta a actualidade da Fundación Pública Galega Rof Codina e outras novas de interese sobre docencia, asistencia e investigación veterinaria e biomédica.