Cita previa asistencia: 982 820 920

Urxencias veterinarias: 600 940 226

Idiomas ES GL EN

Idiomas ES GL EN

Convocatoria de 15 prazas de alumnos/as colaboradores/as en Etoloxía Clínica do HVU-RC

consulta etologia

Publícase a lista de estudantes admitidos e excluidos como colaboradores en etoloxía clínica do HVU-RC.


23 maio, 2025.
A Fundación Pública Galega Rof Codina convoca 15 prazas de alumnos/as colaboradores/as en Etoloxía Clínica do Hospital Veterinario Universitario Rof Codina para estudantes de veterinaria.

O obxectivo deste programa é impartir unha formación eminentemente práctica en etoloxía clínica.
A colaboración levarase a cabo desde a resolución desta convocatoria ata xuño de 2026 (incluíndo os períodos non lectivos). Durante este tempo, o/a alumno/a colaborador/a deberá cumprir co horario establecido, que se consensuará antes de comezar o programa (en ningún momento afectará á asistencia a clase/prácticas do alumnado).
Durante o período lectivo, o/a alumno/a estará localizable para axudar nas consultas, modificacións de conduta, clases de cachorros e demais actividades relacionadas coa etoloxía e o benestar animal dos pacientes e animais da Fundación Rof Codina que a responsable considere oportunas. Estas realizaranse en horario de mañá ou tarde, sempre que non interfiran coas súas obrigas académicas. Durante o período non lectivo estableceranse quendas dunha semana. Este compromiso de carga horaria adicional deberá ser compatible coas súas responsabilidades académicas e o/a alumno/a deberá manter un bo rendemento nos seus estudos para poder continuar coa colaboración.
O/a alumno/a colaborador/a poderá renunciar voluntariamente, perdendo a súa condición e non podendo optar novamente en ningunha outra convocatoria.
A condición de alumno/a colaborador/a extinguirase ao finalizar o período desta convocatoria ou no momento en que se finalicen os estudos da titulación. Ao remate da colaboración emitirase un informe anual de aproveitamento e das actividades realizadas, nos casos en que así se corresponda.

Para poder realizar o programa será obrigatorio:

  • Asinar o compromiso de cumprimento da Lei de Protección de Datos (non se poden tomar imaxes nin compartir datos da actividade do HVU-RC).

Tan só pode optar a ser alumno/a colaborador/a de etoloxía clínica o alumnado do Grao en Veterinaria da USC.
Na selección dos/das alumnos/as colaboradores/as de etoloxía clínica valorarase:

  • A pertenza ou non do/a alumno/a ao GUECA.
  • O expediente académico.
  • Cursos, prácticas extracurriculares ou calquera outro mérito relacionado coa etoloxía clínica.

Os/as candidatos/as deberán presentar as súas solicitudes acompañadas de:
• Expediente académico baremado (non é necesario orixinal, coa copia que se obtén na secretaría virtual é suficiente).
• Fotocopia do DNI ou documento equivalente.
• Relación de cursos, prácticas extracurriculares ou calquera outro mérito que o/a candidato/a desexe facer constar (debidamente xustificado).

CALENDARIO DA CONVOCATORIA
Entrega das solicitudes: Enviar a solicitude cuberta e o resto da documentación ao enderezo de correo electrónico: etologia@rofcodina.org.
Prazo de entrega de solicitudes: do 23/05/2025 ao 9/06/2025 ás 14:00 horas.
Data de resolución: 16/06/2025
Reunión coas persoas seleccionadas: 17/06/2025 ás 9:00 por Teams.

Noticias Recientes

Reciba un aviso cuando publiquemos noticias nuevas

Reciba un aviso cando publiquemos novas

Consulta a actualidade da Fundación Pública Galega Rof Codina e outras novas de interese sobre docencia, asistencia e investigación veterinaria e biomédica.