Reunido o Tribunal de Selección do Programa de Internado do Hospital Veterinario Universitario Rof Codina para a convocatoria de abril de 2015 e realizada a valoración dos méritos dos aspirantes, decidiu por unanimidade publicar a seguinte lista de candidatos que pasan á segunda fase.
A lista pódese descargar no seguinte enlace:
Resultados 1ª Fase do proceso de selección
Tal e como establecen as bases da convocatoria publicada, os candidatos seleccionados polo Tribunal na primeira fase, terán que superar unha proba realizada por persoal do Hospital, que consistirá nunha entrevista persoal e a resolución de casos clínicos.
Convócase a todos os candidatos ditos nestas listas o luns 23 de marzo de 2015 ás 11:00 horas para o Internado en Pequenos animais e ás 12:30 horas para o Internado de Grandes Animais na biblioteca do Hospital Rof Codina para a resolución do caso clínico.
A entrevista terá lugar a partires das 16:30 horas no mesmo local.
