Cita previa asistencia: 982 820 920

Urxencias veterinarias: 600 940 226

Idiomas ES GL EN

Idiomas ES GL EN

Convocatoria de 8 prazas de alumnos/as colaboradores en grandes animais (rumiantes e équidos) para o curso 2025/26.

Publícase a lista coa selección dos 8 estudantes seleccionados como colaboradores “Helpers” en grandes animais para o curso 2025/26.


25 xuño, 2025.
O Hospital Veterinario Universitario Rof Codina convoca prazas de alumnos/as colaboradores/as para o curso 2025-2026 para estudantes de 4º curso de grao PARA RUMIANTES (3 prazas) e para estudantes de 4º curso de grao PARA ÉQUIDOS (5 prazas).

  • Debe terse en conta que a colaboración se desenvolve ao longo de todo o ano (período lectivo e non lectivo: XUÑO 2025 – XUÑO 2026).
  • O alumno/a colaborador/a hospitalario/a debe cumprir co horario establecido. Este compromiso de carga horaria adicional deberá ser compatible coas súas responsabilidades académicas e o alumno/a colaborador/a hospitalario/a debe manter un bo rendemento nos seus estudos.
  • O alumno/a colaborador/a hospitalario/a participará, fóra do período de docencia regrada, na atención e coidado dos pacientes baixo a supervisión dos membros estables do servizo clínico.
  • O alumno/a colaborador/a hospitalario/a axudará a outros alumnos/as en actividades clínicas que se realicen nun horario claramente diferenciado da actividade docente regrada.
  • O alumno/a colaborador/a hospitalario/a poderá renunciar voluntariamente, perdendo a súa condición e non podendo optar novamente en ningunha outra convocatoria.
  • A condición de alumno/a colaborador/a hospitalario/a extinguirase no momento en que se finalicen os estudos da titulación.
  • Ao remate do período emitirase un informe anual de aproveitamento e das actividades realizadas, nos casos nos que así se corresponda.
  • É obrigatorio asinar o compromiso da lei de protección de datos, xa que non se poden tomar imaxes nin datos da actividade do HVURC.
  • É obrigatorio asinar á entrada e á saída de cada período de garda, incluídas as noites.
  • Pódense realizar cambios de gardas entre helpers, pero deben quedar reflectidos no calendario.
  • Ao principio, todos os helpers asinarán un documento de compromiso.
  • Horario:
    • Realizaranse gardas semanais de 2 helpers en cada servizo (Rumiantes e Équidos), incluíndo as fins de semana e os festivos.
    • Os horarios e/ou o número de helpers poderán modificarse en función das necesidades do hospital, previa reunión.

Os candidatos deberán presentar as súas solicitudes segundo o modelo, acompañadas de:

  • Expediente académico baremado (non é necesario o orixinal, coa copia que se obtén na secretaría virtual é suficiente).
  • Fotocopia do DNI ou documento equivalente.
  • Relación de cursos, prácticas extracurriculares ou calquera outro mérito que o candidato desexe facer constar (debidamente xustificado).

Prazo de entrega: do 25 de xuño ao 4 de xullo de 2025 (incluído).

Lugar de entrega: recepción do HVU-RC.
Horario: de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00.
Por correo electrónico: antonio.cantalapiedra@usc.es

Data de resolución: 7 de xullo de 2025.

Reunión cos candidatos seleccionados: organizarase por correo electrónico na biblioteca do HVU-RC.

Noticias Recientes

Reciba un aviso cuando publiquemos noticias nuevas

Reciba un aviso cando publiquemos novas

Consulta a actualidade da Fundación Pública Galega Rof Codina e outras novas de interese sobre docencia, asistencia e investigación veterinaria e biomédica.