Cita previa asistencia: 982 820 920

Urxencias veterinarias: 600 940 226

Idiomas ES GL EN

Idiomas ES GL EN

Convocatoria de 26 prazas de alumnos/as colaboradores/as “Helper” para el curso 2025/26 no HVU-Rof Codina

Lista de candidatos/as seleccionados/as


30 abril, 2025
O Hospital Veterinario Universitario Rof Codina ofrece 26 prazas de alumnos/as colaboradores/as para o curso 2025-2026, dirixidas a estudantes de terceiro, cuarto (20 prazas) e quinto (6 prazas) curso de grao. A colaboración esténdese durante todo o ano, de xuño 2025 a xuño 2026.

Requisitos e responsabilidades:

  • A colaboración lévase a cabo ao longo de todo un ano (XUÑO 2025-XUÑO 2026).
  • Cumprir co horario establecido, compatible coas responsabilidades académicas.
  • Manter bo rendemento académico.
  • Participar na atención e coidado de pacientes baixo supervisión.
  • Axudar a outros alumnos en actividades clínicas fóra do horario docente regrado.
  • O alumno/a colaborador/a pode renunciar voluntariamente, o que implicará a perda da súa condición e non poderá volver optar novamente a ningunha outra convocatoria.
  • A condición de alumno/a colaborador/a hospitalario extínguese no momento en que se finalicen os estudos da titulación.
  • Ao termo do período emitirase un informe anual de aproveitamento e de actividades realizadas, nos casos en que así se corresponda.
  • Asinar o compromiso da lei de protección de datos, xa que non se poden tomar imaxes ou datos da actividade do HVURC.

Horarios:

  • Curso e verán: semana, fins de semana e festivos de 9:00-13:00 e de 15:00-9:00.
  • Exames: semana de 19:30-9:00; fins de semana e festivos de 15:00-17:00 e de 19:30-9:00.
  • Cada alumno realizará 4 semanas de garda en total.

Proceso de solicitude:

  • O modelo de solicitude ten que presentarse acompañado de expediente académico, fotocopia do DNI e méritos xustificados.
  • Prazo de entrega: do 5 ao 19 de maio de 2025 (ambos incluídos).
  • Lugar de entrega: recepción do HVU-RC (en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00) ou no correo electrónico: antonio.cantalapiedra@usc.es.

Data de resolución: 23 de maio de 2025. 

Reunión con seleccionados: Biblioteca do HVU-RC, a data notificarase aos seleccionados por correo electrónico ou publicación nesta páxina web.

Noticias Recientes

Reciba un aviso cuando publiquemos noticias nuevas

Reciba un aviso cando publiquemos novas

Consulta a actualidade da Fundación Pública Galega Rof Codina e outras novas de interese sobre docencia, asistencia e investigación veterinaria e biomédica.