PROGRAMA DE ACOMPAÑAMENTO E INICIACIÓN CLÍNICA NO HOSPITAL VETERINARIO UNIVERSITARIO ROF CODINA PARA ESTUDANTES DE 1º, 2º E 3º CURSO.
O Hospital Veterinario Universitario Rof Codina abre a convocatoria para a realización de prácticas extra-académicas na sección de pequenos animais desde o 16 de setembro de 2024 ao 31 de maio de 2025.
O programa está dirixido a estudantes de primeiro, segundo e terceiro curso de grao de veterinaria.
O horario de traballo será de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00.
Terá unha duración mínima de 3 días e máxima de 10 días.
Para o seu mellor aproveitamento os períodos de actividade deben incluír polo menos dous días consecutivos.
Ofértanse 4 prazas diarias, incluídos os festivos e fins de semana.
A actividade para realizar consistirá no acompañamento de estudantes de cursos superiores e veterinarios do HVU-RC na clínica e hospitalización de pequenos animais.
Para inscribirse, os estudantes interesados deberán apuntarse na axenda que estará á súa disposición no mostrador de admisión do Hospital Veterinario Universitario Rof Codina a partir do próximo 16 de setembro de 9:00 a 19:00 horas. O método se selección será por estrita orde de inscrición.
É obrigatorio asinar o compromiso da lei de protección de datos, xa que non se poden tomar imaxes ou datos da actividade do HVU-RC.