Cita previa asistencia: 982 820 920

Urgencias veterinarias: 600 940 226

Idiomas ES GL EN

Idiomas ES GL EN

GAIN director, Patricia Argerey visit us.

visita_GAIN

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, o portavoz do Concello de Lugo, Miguel Fernández Méndez e a deputada de economía da Deputación provincial de Lugo, Pilar García Porto, o Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo Javier Bueno Lema e o Vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do Campus de Lugo, Andrés Barreiro Lois entre outras autoridades, visitaron hoxe en Lugo o Centro de Biomedicina e Veterinaria (CEBIOVET) e o Hospital Veterinario Universitario Rof Codina.

 

O interese na realización desta visita enmárcase na estratexia de apoio á biotecnoloxía en Galicia, un sector identificado como estratéxico pola Xunta de Galicia, e que desenvolve un rol de panca de competitividade para moitos outros sectores que teñen un gran peso na economía galega, como a agricultura e a gandería, por exemplo.

 

patriciaArgereyVisitaCebioVet20180307 2O CEBIOVET naceu en 2016 para completar as instalacións das que xa dispoñía a Universidade de Santiago de Compostela no ámbito da medicina veterinaria, a Facultade de Veterinaria e o Hospital Veterinario Universitario Rof Codina, abrindo así novas posibilidades de investigación ao posibilitar o traballo con modelos animais máis próximos á especie humana. Está dotado das infraestruturas precisas para o uso investigador, como: quirófanos, salas de pre e post operatorio, farmacia, sala de preparación de mostras, boxes para estudos metabólicos e áreas de corentena, ademais doutras para usos administrativos ou de servizo. Deste xeito, non só cubre as necesidades docentes e de investigación da Facultade de Veterinaria, que ocupa unha posición relevante a nivel estatal e europeo, senón que aspira a converterse nun polo de referencia a nivel de todo o noroeste peninsular para a investigación en medianos e grandes animais.

patriciaArgereyVisitaCebioVet20180307 1

En 2017 e 2018 está a participar en proxectos de investigación, en colaboración con empresas, outras universidades e centros de investigación, en ámbitos como o desenvolvemento de inmunoterapia para loitar contra o Alzheimer en cans; colocación de implantes e preservación da cresta alveolar en cans; tests de validación de dispositivos de monitorización de cans ou novas estratexias para a reconstrución de osos do cranio tras traumatismos e enfermidades en nenos, experimentando en porcos.

Noticias Recientes

Reciba un aviso cuando publiquemos noticias nuevas

Reciba un aviso cuando publiquemos noticias nuevas

Consulta la actualidad de la Fundación Pública Galega Rof Codina y otras noticias de interés sobre docencia, asistencia e investigación veterinaria y biomédica.