A Fundación Pública Galega Rof Codina (FRC) garante o financiamento do hospital e conforma a metade dunha comisión paritaria encargada xunto á Universidade de Santiago de velar polo cumprimento dun triplo obxectivo: docente, asistencial e investigador. Na actualidade, este modelo de xestión é imitado por outros centros similares.
As institucións locais e autonómicas responden positivamente á solicitude de apoio que realiza a Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 1994, pois comparten o criterio de que sería imposible unha boa docencia veterinaria sen que esta vísese complementada cunha formación clínica práctica de nivel hospitalario, acorde co que o sector demanda.
{youtube}723x37lFiQw|300|200|0{/youtube}
O 4 de Maio de 1994 asínase a Carta Fundacional e créanse os Estatutos da Fundación Pública Galega Rof Codina.
A Fundación Pública Galega Rof Codina, foi constituída en Lugo o día 19 de Maio de 1994, mediante escritura pública número 1.355, outorgada ante o Notario D. Manuel Xullo Reigada Montoto, na que constan a carta Fundacional e os Estatutos da Fundación, así como a cesión en uso por parte dos seus lexítimos propietarios (Diputación Provincial de Lugo e Universidade de Santiago de Compostela), dos bens mobles e inmuebles que constitúen o Hospital Veterinario Universitario Rof Codina (HVU-RC).
Atópase inscrita co número 1994/3 no Rexistro Único de Fundaciones de Interese Galego, clasificada como mixta por Orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 29 de setembro de 1994 (DOGA nº 1.203 de 20 de Outubro), e declarada de interese galego por Orde da mesma Consellería do 20 de decembro de 1994 (DOGA nº 1.246 de 23 de decembro).
En xuño de 1994 toma posesión o novo equipo rectoral da USC, dirixido polo Excmo. e Magnífico Sr. Rector D. Darío Villanueva Prieto, o que supuxo un renovado e decidido impulso ao proxecto orixinario.
En agosto do mesmo ano prodúcese un cambio na Presidencia da Fundación, pasando a ser Presidente o Excmo Sr. Conselleiro de Educación D. Juan Piñeiro Permuy e noméanse os membros do Patronato en número de doce (tres por cada unha das institucións fundadoras), correspondendo as Vicepresidencias aos máximos responsables da USC e a Excma. Diputación Provincial de Lugo.