Desde os diferentes servizos do hospital, desenvólvese un amplo abanico de liñas de investigación que con frecuencia presentan unha implicación multidisciplinar. Así, relacionado co ámbito da cirugía e a traumatología estúdase a avaliación de biomateriales de osteosíntesis de gran importancia nos procesos de reparación ósea.
O servizo de diagnóstico por imaxe está involucrado no desenvolvemento do coñecemento sobre anatomía radiográfica da fauna silvestre e distintos aspectos da ecografía vascular.Tamén se realizan ensaios sobre a seguridade e eficacia de diversos protocolos anestésicos en veterinaria.
Desde a unidade de anatomía patológica faise fincapé na investigación de técnicas morfopatológicas para o diagnóstico de enfermidades nos animais domésticos, salvaxes e peces.
Na ampla esfera da medicina veterinaria destacan os traballos relacionados co estudo e envejecimiento cerebral e a neurodegeneración aplicados á enfermidade de Alzheimer. Outras lineas orientan os seus esforzos cara ao área da medicina e sanidade das especies silvestres ou ao coñecemento das alteracións do metabolismo mineral e óseo.