
O Hospital Veterinario Universitario Rof Codina co patrocinio da empresa SERVIVE Veterinaria España S.L., como resultado da sua implicación na formación continua dos Titulados Veterinarios, queren ofertar durante o ano 2014 unha serie de talleres en Diagnóstico por Imaxe en grupos moi reducidos. Estes talleres van dirixidos a profesionais que desexen desenvolver habilidades no campo da radioloxía e a ecografía, garantindo un adestramento personalizado cun enfoque eminentemente práctico, co obxectivo de que unha vez finalizado o taller o alumno poida aplicar os coñecementos adquiridos desde o primeiro día de volta ao traballo.
PROFESORADO:
Andrés Barreiro Lois, profesor Titular do Departamento de Ciencias Clínicas Veterinarias da Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela. Xefe do Servizo de Diagnóstico por Imaxe do HVU-Rof Codina (Lugo).
Germán Santamarina Pernas, profesor Titular do Departamento de Ciencias Clínicas Veterinarias da Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela. Responsable da área de Cardioloxía do HVU- Rof Codina (Lugo).
Mónica Vila Pastor, profesora asociada do Departamento de Ciencias Clínicas Veterinarias da Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela. Facultativa do Servizo de Diagnóstico por Imax do HVU-Rof Codina (Lugo).
José Daniel Barreiro Vázquez, profesor asociado do Departamento de Ciencias Clínicas Veterinarias da Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela. Facultativo do Servizo de Diagnóstico por Imaxe do HVU-Rof Codina (Lugo).
Alicia Seoane Mojón, Facultativa do Servizo de Diagnóstico por Imaxe do HVU-Rof Codina (Lugo).
O programa para o año 2014 inclúe os seguientes talleres:
Talleres de ecografía básica abdominal.
| Obxectivo: | Obter a mellor imaxe do noso ecógrafo nunha exploración completa das principais estruturas abdominais. |
| Horario: | Venres de 16:00 h. a 20:30 h. |
| Alumnos: | 3-4 persoas, 2 persoas por ecógrafo. |
| Prezo: | Socios de AVEPA 150 €, non socios 180 €. |
Talleres de ecografía doppler abdominal.
| Obxectivo: |
Coñecer os principios do efecto Doppler e as súas aplicacións á ecografía abdominal. |
| Horario: | Venres de 16:00 h. a 20:30 h. 2 horas teóricas e 2 horas prácticas con un descanso de 30 minutos. |
| Alumnos: | 3-4 persoas, 2 persoas por ecógrafo. |
| Prezo: | Socios de AVEPA 150 €, non socios 180 €. |
Talleres de radioloxía.
| Obxectivo: | Destacar os puntos crave para a correcta interpretación das imaxes radiográficas e a súa posterior aplicación a casos clínicos reais. |
| Módulos |
|
| Horario: | Venres de 16:00 h. a 20:30 h. 2 horas teóricas e 2 horas prácticas con un descanso de 30 minutos. |
| Alumnos: | 8 persoas, 2 persoas por negatoscopio na resolución de casos clínicos. |
| Prezo: | Socios de AVEPA 150 €, non socios 180 €. |
Talleres de ecocardiografía.
| Obxectivo: | Conocer los principios básicos de la ecocardiografía en pequeños animales. Tras un pequeña introducción teórica, revisaremos sobre el paciente la instrumentación y técnicas específicas para obtener un examen completo del corazón mediante los distintos abordajes. |
| Módulos |
|
| Horario: | Venres de 16:00 h. a 20:30 h. aproximadamente, constan de 1´5 horas teóricas e 2´5 horas prácticas con un descanso de 30 minutos. |
| Alumnos: | 3-4 persoas, 2 persoas por ecógrafo. |
| Prezo: | Socios de AVEPA 150 €, non socios 180 €. |
Taller de ecografía del sistema músculo-esquelético: Hombro y rodilla.
| Obxectivo: | Conocer los principios de la exploración del sistema músculo-esquelético y sus aplicaciones. Tras un repaso anatómico y ecográfico en imágenes, realizaremos sobre el paciente los distintos abordajes para obtener imágenes de referencia en las articulaciones del hombro y de la rodilla. |
| Horario: | Venres de 16:00 h. a 20:30 h. 2 horas teóricas e 2 horas prácticas con un descanso de 30 minutos. |
| Alumnos: | 3-4 persoas, 2 persoas por ecógrafo. |
| Prezo: | Socios de AVEPA 150 €, non socios 180 €. |
Programación anual
Para un mellor aproveitamento dos talleres, estes alternáronse ao longo de todo o ano coa seguinte distribución (coincidindo normalmente co primeiro venres de cada mes):
| Data | Taller | Disponibilidade |
| 17 Xaneiro | Ecografía abdominal básica | COMPLETO |
| 14 Febreiro | Ecografía Doppler adbdominal | COMPLETO |
| 14 Marzo | Radioloxía torácica | COMPLETO |
| 11 Abril | Ecocardiografía I | COMPLETO |
| 9 Maio | Ecografía de ombreiro e xeonllo | COMPLETO |
| 6 Xuño | Ecografía Doppler adbdominal | COMPLETO |
| 4 Xullo | Radioloxía abdominal | PRAZAS LIBRES |
| 5 Setembro | Ecocardiografía II | COMPLETO |
| 24 Outubro | Ecografía abdominal básica | COMPLETO |
| 14 Novembro | Ecografía Doppler Abdominal | COMPLETO |
| 12 Decembro | Radioloxía: Casos clínicos | PRAZAS LIBRES |
Debido a la gran acogida que han tenido estos talleres, se crearán listas de espera para nuevos talleres.