
 
     
    
Estes talleres van dirixidos a profesionais que desexen desenvolver habilidades no campo da radiología e a ecografía, garantindo un adestramento personalizado cun enfoque eminentemente práctico, co obxectivo de que unha vez finalizado o taller o alumno poida aplicar os coñecementos adquiridos desde o primeiro día de volta ao traballo.
O programa para o ano 2013 inclúe os seguintes talleres:
Talleres de ecografía básica abdominal.
| Obxectivo: | Obter a mellor imaxe do noso ecógrafo nunha exploración completa das principais estruturas abdominais. | 
| Horario: | Venres de 16:00 h. a 20:30 h. | 
| Alumnos: | 3-4 persoas, 2 persoas por ecógrafo. | 
| Prezo: | Socios de AVEPA 150 €, non socios 180 €. | 
Talleres de ecografía doppler abdominal.
| Obxectivo: | Coñecer os principios do efecto Doppler e as súas aplicacións á ecografía abdominal.  | 
| Horario: | Venres de 16:00 h. a 20:30 h. 2 horas teóricas e 2 horas prácticas con un descanso de 30 minutos. | 
| Alumnos: | 3-4 persoas, 2 persoas por ecógrafo. | 
| Prezo: | Socios de AVEPA 150 €, non socios 180 €. | 
Talleres de radioloxía.
| Obxectivo: | Destacar os puntos crave para a correcta interpretación das imaxes radiográficas e a súa posterior aplicación a casos clínicos reais. | 
| Módulos | 
 | 
| Horario: | Venres de 16:00 h. a 20:30 h. 2 horas teóricas e 2 horas prácticas con un descanso de 30 minutos. | 
| Alumnos: | 8 persoas, 2 persoas por negatoscopio na resolución de casos clínicos. | 
| Prezo: | Socios de AVEPA 150 €, non socios 180 €. | 
Programación anual
Para un mellor aproveitamento dos talleres, estes alternáronse ao longo de todo o ano coa seguinte distribución (coincidindo normalmente co primeiro venres de cada mes):
| Data | Taller | Disponibilidade | 
| 1 Febreiro | Ecografía abdominal básica | Completo | 
| 1 Marzo | Ecografía doppler dbdominal | Completo | 
| 12 Abril | Radiologxía torácica | Completo | 
| 3 Maio | Ecografía abdominal básica | Completo | 
| 14 Xuño | Ecografía doppler abdominal | Completo | 
| 6 Setembro | Radioloxía abdominal | Completo | 
| 4 Outubr | Ecografía abdominal básica | Completo | 
| 8 Novembro | Ecografía doppler abdominal | Completo | 
| 13 Decembro | Radioloxía do sistema músculo-esquelético | Completo | 
Debido á gran acolleita que han ter estes talleres, crearanse listas de espera para novos talleres.
{loadposition inscripcionTallerDPI2013}
Unha vez admitido, confirmarase a asistencia mediante o abono das taxas correspondentes á empresa SERVIVE Veterinaria España S.L. un mes antes da celebración do taller no que se ha preinscrito no seguinte número de conta: 0130 3049 55 0108079668 da Caixa Geral de Depósitos (non realizar a transferencia antes de ter confirmada a asistencia).
Unha vez realizado o pago debe enviarse unha copia do xustificante de pago á dirección de correo dpi@rofcodina.org.
Profesorado 
Andrés Barreiro Lois, profesor Titular do Departamento de Ciencias Clínicas Veterinarias da Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela. Xefe do Servizo de Diagnóstico por Imaxe do HVU-Rof Codina (Lugo). 
Mónica Vila Pastor, profesora asociada do Departamento de Ciencias Clínicas Veterinarias da Facultado de Veterinaria da Universidado de Santiago de Compostela. Facultativa do Servizo de Diagnóstico por Imaxe do HVU-Rof Codina (Lugo). 
José Daniel Barreiro Vázquez, profesor asociado do Departamento de Ciencias Clínicas Veterinarias da Facultado de Veterinaria da Universidado de Santiago de Compostela. Facultativo do Servizo de Diagnóstico por Imaxe do HVU-Rof Codina (Lugo). 
Alicia Seoane Mojón, Facultativa do Servizo de Diagnóstico por Imaxe do HVU-Rof Codina (Lugo).
 
															