48ª Reunión do Padroado da Fundación Pública Galega Rof Codina
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, presidiu o día 24 de outubro a reunión do Padroado da Fundación Pública Galega Rof Codina, na que se aprobou o proxecto de orzamentos deste organismo para o vindeiro ano, por un importe de 1,8 millóns de euros así como os plans de acción a desenvolver ao longo de 2020.
Ademais das habituais funcións docentes, investigadoras e asistenciais, estas contas permitirán implantar o servizo de radioterapia e avanzar na consolidación do Hospital Veterinario Universitario – Rof Codina como centro de referencia de benestar animal, así coma no proceso de dixitalización de historias clínicas e o uso do Big Data para a mellora da sanidade animal e a súa aplicación nos procesos produtivos do sector primario.
