Servizo de Diagnose Por Imaxe (DPI)
O hospital ofrece cobertura de ecografía, radioloxía, tomografía computerizada (T.C.) tanto para a clínica habitual como para a investigación. Grazas ao profesorado adscrito a este servizo os estudantes familiarizanse coa lectura de imaxes e o seu apoio na emisión de diagnoses. As novas tecnoloxías propician a dixitalización destes procesos. e-mail: dpi@rofcodina.org