Cita previa asistencia: 982 820 920

Urxencias veterinarias: 600 940 226

Idiomas ES GL EN

Idiomas ES GL EN

PROGRAMAS FORMATIVOS DA FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA ROF CODINA
Programas para estudantes do grao en veterinaria
PROGRAMA JUNIOR

O «PROGRAMA JUNIOR», é un programa de acompañamento e iniciación clínica realizado no HVU-RC e dirixido a estudantes de primeiro, segundo e terceiro curso.

Teñen coma obxectivo o primeiro contacto coa actividade real, clínica e hospitalaria, de pequenos animais por parte dos estudantes.

Realízase durante os meses de Xullo e Agosto, son prácticas extra-académicas en horario de mañá e de tarde.

Estas prácticas realízanse durante un mínimo de 3 días e un máximo de 10.

PROGRAMA HELPER

Programa de colaboradores, dirixido a estudantes de terceiro, cuarto e quinto curso de grao.

PROGRAMAS PARA GRADUADOS EN VETERINARIA
PROGRAMA VIR DE PEQUENOS ANIMAIS

Dirixido a graduados/as en veterinaria sen experiencia profesional, o seu obxectivo é a adquisición dunha base sólida de coñecementos teóricos e prácticos en clínica veterinaria de pequenos animais a través dun contrato formativo no hospital e a realización dun curso de posgrao da USC durante un ano.

O programa VIR está deseñado para proporcionar unha formación e experiencia avanzada para afrontar o exercicio profesional; está tamén pensado para ser un primeiro paso para a especialización dos/as veterinarios/as, xa que os/as internos/as rotan por todos os servizos do hospital nos que atenden diferentes casos baixo a supervisión dos/as facultativos, o que lles permite tomar contacto coas diferentes áreas da profesión veterinaria.

Existen dúas convocatorias, unha comeza en maio e outra en setembro de cada ano. As bases do proceso selectivo publícanse nesta páxina web aproximadamente un mes e medio antes.

PROGRAMA VIR DE GRANDES ANIMAIS

Dirixido a graduados/as en veterinaria sen experiencia profesional, o seu obxectivo é a adquisición dunha base sólida de coñecementos teóricos e prácticos en clínica veterinaria de grandes animais a través dun contrato formativo no hospital e a realización dun curso de posgrao da USC durante un ano.

O programa VIR está deseñado para proporcionar unha formación e experiencia avanzada para afrontar o exercicio profesional; está tamén pensado para ser un primeiro paso para a especialización dos/as veterinarios/as, xa que os/as internos/as rotan por todos os servizos do hospital nos que atenden diferentes casos baixo a supervisión dos/as facultativos, o que lles permite tomar contacto coas diferentes áreas da profesión veterinaria.

Existen dúas convocatorias, unha comeza en maio e outra en setembro de cada ano. As bases do proceso selectivo publícanse nesta páxina web aproximadamente un mes e medio antes.

BOLSAS SAC

As bolsas SAC (Servizo de Atención Continuada) están dirixidas a xoves licenciados en veterinaria con experiencia en clínica veterinaria hospitalaria.

O seu obxectivo é a consolidación dos seus coñecementos teóricos e prácticos en clínica de urxencias veterinarias a través da súa estancia no hospital en horario nocturno durante un ano.

BOLSAS DE APOIO ASISTENCIAL

Dirixidas a xoves licenciados en veterinaria con experiencia en clínica veterinaria hospitalaria.

O seu obxectivo é completar a formación en áreas clínicas con carácter asistencial, mediante unha estancia neste hospital dun ano.

PROGRAMA DE RESIDENCIA EUROPEA

O Hospital Veterinario Universitario Rof Codina (HVU-RC) ten entre os seu obxectivos a reciclaxe, actualización e especialización profesional dos/as graduados/as, no apoio á formación continuada dos/as profesionais e a formación especializada nas diferentes áreas clínicas da profesión.

PROGRAMAS PARA ESTUDANTES DE FORMACIÓN PROFESIONAL
FORMACIÓN PRÁCTICA

No HVU-RC desenvólvense a Formación en centro de Traballo (FCT) de diferentes graos de Formación Profesional das familias de Sanidade, Agraria, Informática e Administración. Esta formación realizase a petición dos centros formativos e o alumnado admítese en función da dispoñibilidade dos servizos.

Tamén teñen lugar no HVU-RC parte das prácticas curriculares do alumnado do grao superior de Gandaría e asistencia en sanidade animal.

PROGRAMAS PARA INVESTIGADORES
BOLSA DE APOIO Á INVESTIGACIÓN E ACREDITACIÓN

O programa de Formación para Veterinarios do Centro de Biomédica e Veterinaria (CEBIOVET) convócase segundo o establecido no Convenio de Colaboración firmado entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Fundación Pública Galega Rof Codina.

Este programa está dirixido a xoves licenciados en veterinaria con experiencia en clínica veterinaria hospitalaria e investigación con animais e o seu obxectivo é completar a formación en áreas de investigación e xestión en centros de investigación, mediante unha estancia no centro de investigación CEBIOVET durante 8 meses.