Cita previa asistencia: 982 820 920

Urxencias veterinarias: 600 940 226

Idiomas ES GL EN

Idiomas ES GL EN

INVESTIGACIÓN
IMPULSAMOS A INVESTIGACIÓN, O DESENVOLVEMENTO DAS CIENCIAS VETERINARIAS E BIOMÉDICAS E A DOCENCIA ESPECIALIZADA DE POSGRAO
O obxectivo fundamental é impulsar as actividades de investigación e xerar novas liñas de investigación no campo dos medianos e grandes animais tanto en actividades hospitalarias como non hospitalarias e impulsar a súa divulgación dentro da comunidade científica.

PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN

O CEBIOVET é un centro de investigación animal de medianos e grandes animais que conta coa autorización como centro usuario de animais de experimentación, o que permite realizar dentro das súas instalacións calquera tipo de proxecto de investigación que necesite utilizar animais vivos

A súa dotación, complementada coas infraestruturas do HVU-RC, posibilita realizar unha grande variedade de proxectos de i+D, tales como, ensaios pre-clínicos,  desenvolvemento de novas vacinas ou o estudo de novos bio-materiais. A proximidade co HVU-RC e a Facultade de Veterinaria permite que os/as investigadores/as destes centros colaboren nos proxectos

O benestar animal está sempre garantido coa supervisión exercida polos/as profesionais da FPG-RC que realizan continuas avaliacións da saúde dos animais. Alén diso, a FPG-RC conta cun Comité de Ética de Experimentación Animal e Órgano Habilitado que se encarga da avaliación e autorización de todos os proxectos antes da súa realización.

CENTRO DE INVESTIGACIÓN
BIOMÉDICA E VETERINARIA
CEBIOVET

FORMULARIOS

InstrucciÓNs para a solicitude dun proxecto de investigación
SOLICITUDe DE ANIMAis
avaliación de proxecto ao comité de bioética da FPG-RC