Cita previa asistencia: 982 820 920

Urxencias veterinarias: 600 940 226

Idiomas ES GL EN

Idiomas ES GL EN

DOCENCIA
DOCENCIA CLÍNICA
DA FACULTADE DE VETERINARIA E FORMACIÓN ESPECIALIZADA DAS PROFESIÓNS BIOSANITARIAS

O Hospital Veterinario Universitario Rof Codina ofrece a formación práctica correspondente á formación teórica impartida na Facultade de Veterinaria de Lugo, mediante a utilización das súas infraestruturas e toda a casuística clínica. Ademais disto, ofértase outra formación especializada ás diferentes profesións biosanitarias.

PRÁCTICAS DOCENTES DA FACULTADE DE VETERINARIA DE LUGO

Coa finalidade de favorecer a maior correspondencia posíbel entre a docencia teórica do Grao en Veterinaria e as ensinanzas que en materia clínica poida proporcionar o Hospital, realizan as súas prácticas docentes no HVU-RC as seguintes materias:

– Propedéutica.
– Patoloxía xeral.
– Obstetricia Grandes Animais.
– Obstetricia Pequenos Animais.
– Medicina Interna I.
– Medicina Interna II.
– Benestar.
– Anatomía Patolóxica.
– Cirurxía I.
– Cirurxía II.
– Anestesia.
– DPI.
– Farmacoloxía.
– Parasitoloxía e enfermidades Parasitarias.
– Rotatorio Hospital.

PROGRAMAS FORMATIVOS DA FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA ROF CODINA

A Fundación Pública Galega Rof Codina, convoca todos os anos unha serie de programas formativos destinados a estudantes, recén graduados e profesionais en activo.

CURSOS E CONFERENCIAS DA FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA ROF CODINA

A Fundación Pública Galega Rof Codina organiza cursos e congresos sobre diferentes especialidades veterinarias co obxectivo de formar a profesionais en activo nestas materias.

ESTANCIAS PROFESIONAIS
NO HVU-RC

No HVU-RC realízanse estancias de profesionais veterinarios que se integran durante un período de tempo nunha área ou servizo do hospital para aprender e mellorar as súas habilidades. Existe unha gran demanda destas estancias polo prestixio dos facultativos do Hospital Veterinario.