Cita previa asistencia: 982 820 920

Urxencias veterinarias: 600 940 226

Idiomas ES GL EN

Idiomas ES GL EN

Os obxectivos da FPG-RC (apoio á asistencia veterinaria, á docencia e á investigación) lévanse a cabo nas instalacións dos dous centros que xestiona: o Hospital Veterinario Universitario Rof Codina (HVU-RC) e o Centro de Investigación das ciencias Biomédicas e Veterinarias (CEBIOVET).
CENTRO DE INVESTIGACIÓN
BIOMÉDICA E VETERINARIA
CEBIOVET

O CEBIOVET  é un centro de apoio ao progreso das Ciencias Veterinarias e Biomédicas en xeral situado nos pavillóns anexos ao Hospital Veterinario Universitario Rof Codina, na Facultade de Veterinaria do Campus Universitario de Lugo, realizada con fondos FEDER.


Este centro parte co obxectivo de xerar novas liñas de investigación no campo dos pequenos, medianos e grandes animais e de impulsar a súa difusión dentro da comunidade científica. Para iso, pon a disposición do usuario o asesoramento para a realización de estudos, así coma o espazo físico e unha gran infraestrutura tecnolóxica. A súa función é asesorar e colaborar no deseño e realización de proxectos de investigación, docencia especializada de posgrao e outras actividades mediante o uso de animais vivos das especies canina, felina, ovina, caprina, porcina e bovina. Isto permitirá a apertura de novas posibilidades de investigación para un crecente número de procedementos.

Asistencia

· Animais de produción.
· Enfermidades infecciosas.

DOCENCIA

· Docencia especializada de postgrao.

INVESTIGACIÓN

· Asesoramento e colaboración no deseño e realización de proxectos de investigación.
· E
spazos para a investigación.
· Recursos técnicos e humanos.

No edificio de CEVIOBET atópanse parte dos recursos e instalacións do HVU-RC: consultas e hospitalización de enfermidades infecciosas, consulta e hospitalización de grandes animais, estabulación e área de prácticas docentes do grao de Veterinaria, sala de necrose, sala polivalente para docencia, vestiarios e espazos de instalacións e almacenamento.

O noso centro oferta as seguintes instalacións para o desenvolvemento de actividades docentes e de investigación:
  • SALA DE
    DOCENCIA
  • SALA DE
    PROCEDEMENTOS
  • SALA DE
    LABORATORIO
  • ZONA DE ESTABULACIÓN
    PARA ANIMAIS
  • SALA DE PREOPERATORIO
    E POSTOPERATORIO
  • ZONA DE
    ADMINISTRACIÓN
Sala de docencia

Sala polivalente na que se poden realizar exposicións, cursos, palestras,... Está preparada para que se poida traballar nela con animais vivos.

Sala de procedementos

Nesta sala poden realizarse procedementos experimentais cos animais. Poden instalarse até un total de cinco postos simultáneos con equipamentos de soporte vital, anestesia,... en condicións ambientais controladas. Esta sala é ideal, tamén, para a realización de cursos de procedementos cirúrxicos, tanto de medicina humana como de veterinaria. Ademais esta sala grande de procedementos, existe unha sala de quirófano pequena.

Laboratorio

Sala para procesar as mostras obtidas. Como tamén existe un laboratorio no HVU-RC, estes compleméntanse permitindo un amplo abano de procedementos.

Zona de estabulación para animais

Especialmente deseñados para cans, porcos e pequenos ruminantes (ovellas, cabras,...). Estes boxes foron pensados do punto de vista do benestar animal, con espazos amplos, cun sofisticado sistema de control ambiental (temperatura, humidade, renovacións de aire, luminosidade,...) e con elementos de enriquecemento ambiental para que os animais estean nas mellores condicións posibles, superando amplamente os requirimentos legais para este tipo de establecementos.

Sala de preoperatorio e postoperatorio

Nestas salas poden desenvolverse diferentes manexos dos animais de experimentación, como extraccións, sedacións, anestesias, tomas de mostras e recuperación postoperatoria. Están completamente dotadas e contan con elementos de control ambiental e soporte vital.

Zona de administración

Provista de despachos e unha pequena sala de reunións e descanso para investigadores/as.

FORMULARIOS

SOLICITUDE DE INSTALACIÓNS
SOLICITUDE DA área DE DOCENCIA
SOLICITUDE DA SALA DE PROCEDEMENTOS
Reproducir vídeo

O Centro está recoñecido e rexistrado pola Xunta de Galicia coma un Centro Usuario, e atópase en posesión do número de rexistro.

O CEBIOVET cumpre toda a lexislación vixente en canto a normativas ambientais, de experimentación animal, sanidade y benestar animal e control de residuos.

O persoal do centro ten a homologación establecida para levar a cabo las diferentes funcións  necesarias en centros de experimentación (Orde Ministerial ECC 566/2015). Alén disto, contan con ampla experiencia no manexo de diferentes especies animais así como con coñecementos axeitados para cumprir o principio das tres Rs con total garantía. Por outra banda, tamén posúen un elevado grao de especialización en distintas ramas da veterinaria. Desta maneira, o labor de asesoramento e participación activa deste equipo humano nos proxectos que se desenvolvan nas nosas instalacións, permitirá elevar de forma considerábel a calidade dos mesmos.