Cita previa asistencia: 982 820 920

Urxencias veterinarias: 600 940 226

Idiomas ES GL EN

Idiomas ES GL EN

Os obxectivos da FPG-RC (apoio á asistencia veterinaria, á docencia e á investigación) lévanse a cabo nas instalacións dos dous centros que xestiona: o Hospital Veterinario Universitario Rof Codina (HVU-RC) e o Centro de Investigación das ciencias Biomédicas e Veterinarias (CEBIOVET).
HOSPITAL VETERINARIO
UNIVERSITARIO ROF CODINA
HVU-RC

O HVU-RC asume a función de mellorar a actividade docente e investigadora da Facultade de Veterinaria localizada no campus lucense e tamén realiza un labor asistencial de alta calidade dirixida a veterinarios e propietarios de animais. Esta tarefa non só se leva a cabo no hospital, tamén de xeito ambulante ou refuxios.

Incorpora as máis recentes técnicas de diagnóstico por imaxe, como son a tomografía axial computerizada (TAC), a gammagrafía e varios métodos de ecografía. Entre as modalidades terapéuticas avanzadas empregadas no noso centro, destacan a terapia con radioisótopos, a cirurxía láser e as técnicas cirúrxicas minimamente invasoras, coma a artroscopia ou a laparoscopia.

SERVIZOS DO HOSPITAL VETERINARIO

As instalacións do HVU-RC ocupan 2750 m² no edificio do Hospital e 2450 m² no do CEBIOVET.

No edificio do Hospital atópanse as seguintes zonas: Admisión, Consultas Externas, Procedementos cirúrxicos, Diagnóstico por Imaxe, Hospitalización de Pequenos Animais, Laboratorios, Farmacia Hospitalaria, Aula-Biblioteca, Administración, vestiarios e espazos de instalacións e almacenamento.

Para cumprir cos seus obxectivos, nestas instalacións realízanse actividades docentes, asistenciais e de experimentación.

O Labor do Hospital Veterinario Universitario Rof Codina vai máis aló da docencia porque ten vocación de servizo á sociedade e abrangue a actividade clínica e o fomento da investigación.

AsistencIa

· Servizo asistencial ao gandeiro e aos propietarios dos animais.

· Apoio clínico ambulante médico cirúrxico.

· Asistencia técnica a veterinarios para realizar análises ou intervencións cirúrxicas complexas.

· Labor de colaboración no control da saúde pública.

DOCENCIA

· Formación práctica a alumnos da Facultade de Veterinaria.

· Reciclaxe, actualización e especialización profesional dos posgraduados.

· Apoio á formación continuada e referencia para profesionais en materia de saúde pública, ambiental e pecuaria.

· Formación especializada nas diferentes vertentes clínicas da profesión.

· Actividade práctica en réxime de colaboración cos outros organismos públicos e centros universitarios.

· Organización de xornadas de estudo, orientación ou cursos e monográficos clínicos.

INVESTIGACIÓN

· Investigación experimental e derivada da casuística clínica.

· Colaboración e intercambio con especialistas.

A tripla orientación do Hospital, propicia que dea resposta a unha demanda educativa que busca uns estándares de calidade indispensábeis para manter a súa homologación, xunto co resto das áreas de coñecemento da Facultade de Veterinaria, pola European Association of Establishments for Veterinary Education (EAEVE).

Catálogo Hospital Veterinario Universitario Rof Codina