Cita previa asistencia: 982 820 920

Urxencias veterinarias: 600 940 226

Idiomas ES GL EN

Idiomas ES GL EN

Xerencia

Javier Ferreira Fernández
Javier Ferreira Fernández

Saúdo de Xerencia

A creación do Hospital na  Facultade de Veterinaria de Lugo estivo unido, dende a súa concepción, á constitución do seu órgano xestor: a Fundación Pública Galega Rof Codina. Era un obxectivo que se prevía inalcanzábel pero que con constancia, traballo e paciencia puido acadarse. A Fundación converteuse nunha realidade universitaria e social e nun elemento básico e fundamental dun centro homologado pola European Association of Establishments for Veterinary Education (EAEVE) para a formación dos profesionais veterinarios.

Na orixe do Hospital está o interese da Universidade de Santiago por completar a docencia con unha formación práctica hospitalaria que servira ademais para atender unha demanda crecente. Con ese fin, dez anos despois da apertura en 1984 da nova facultade de Veterinaria de Lugo, establécense as bases legais para a constitución do Hospital Clínico. En primeiro lugar, en maio de 1994 ponse en marcha a Fundación Pública Galega Rof Codina e, un ano despois, en 1995, o Hospital Veterinario Universitario Rof Codina (HVU-RC) da Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela, que nace ao amparo da constitución da Fundación Pública Galega Rof Codina. Dende entón, a Fundación garante o financiamento do Hospital e CEBIOVET, velando polo cumprimento da tripla finalidade: docente, asistencial e investigadora. Na época actual, temos que engadir a visibilidade e transparencia de todas as nosas accións. Para alcanzar os máximos estándares, reformamos e actualizamos o espazo na internet para que sexa máis intuitivo e práctico, e así todos os usuarios poidan atopar os servizos e solucións ás súas demandas.

Noticias Recientes

Reciba un aviso cuando publiquemos noticias nuevas

Reciba un aviso cando publiquemos novas

Consulta a actualidade da Fundación Pública Galega Rof Codina e outras novas de interese sobre docencia, asistencia e investigación veterinaria e biomédica.