Cita previa asistencia: 982 820 920

Urxencias veterinarias: 600 940 226

Idiomas ES GL EN

Idiomas ES GL EN

Presentación Fundación Pública Galega Rof Codina

A Fundación Pública Galega Rof Codina (FPG-RC) de Lugo, é unha fundación de interese galego coa condición de fundación do sector público autonómico. Constituíuse para a xestión e garantía de financiamento do Hospital Veterinario Universitario Rof Codina (HVU-RC), do CEVIOBET (Centro de Biomedicina e Veterinaria) e doutras estruturas de apoio á docencia e a investigación. Conforma a metade dunha comisión paritaria encargada, xunto a Universidade de Santiago, de velar polo cumprimento dun triplo obxectivo: docente, asistencial e investigador.

Atópase inscrita co número 1994/3 no Rexistro Único de Fundacións de Interese Galego, clasificada como mixta por Orde da Consellería de Presidencia e Administración Pública do 29 de setembro de 1994 (DOG nº 1.203 de 20 de Outubro), e declarada de interese galego por Orde da mesma Consellería do 20 de decembro de 1994 (DOG nº 1.246 do 23 de decembro).

Catálogo Hospital Veterinario Universitario Rof Codina
Reproducir vídeo