Cita previa asistencia: 982 820 920

Urxencias veterinarias: 600 940 226

Idiomas ES GL EN

Idiomas ES GL EN

Convocatoria de prazas de colaborador «HELPER» (Pequenos Animais) no HVU-Rof Codina para o curso 2024/25

O Hospital Veterinario Universitario Rof Codina convoca 13 prazas de alumn@s colaboradores helper para o curso 2024-2025 para estudantes de cuarto curso de grao e 7 prazas de alumn@s colaboradores helper para o curso 2024-2025 para estudantes de quinto curso de grao
1. Débese ter en conta que a colaboración lévase a cabo ao longo de todo o ano (periodo lectivo e non lectivo: XUÑO 2024-XUÑO 2025).
2. O/A alumno/a colaborador/a hospitalario debe cumprir co horario establecido. Este compromiso de carga horaria adicional deberá ser compatible coas súas responsabilidades académicas e o/a alumno/a colaborador/a hospitalario debe manter un bo rendemento nos seus estudos.
3. O/A alumno/a colaborador/a hospitalario participará, fóra do período de docencia regrada, na atención e coidado dos pacientes baixo a supervisión dos/as membros estables do servizo clínico.
4. O/A alumno/a colaborador/a hospitalario axuda a outro alumnado en actividades clínicas que se realizan nun horario claramente diferenciado da actividade docente regrada.
5. O/A alumno/a colaborador/a hospitalario poderá renunciar voluntariamente, perdendo a súa condición e non podendo optar novamente en ningunha outra convocatoria.
6. A condición de alumno/a colaborador/a hospitalario extínguese no momento no que finalicen os estudos da titulación.
7. Rematado o periodo emitirase un informe anual de aproveitamento e de actividades realizadas, nos casos nos que así se corresponda.
8. É obrigatorio asinar o compromiso da lei de protección de datos, xa que non se poden tirar fotografías ou datos da actividade do HVU-RC.
9. É obrigatorio asinar na entrada e na saída de cada periodo de garda, noites incluidas.
10. Pódense realizar cambios de gardas entre helper, mais deben quedar reflectidos no calendario.
11. No comenzo, todos os/as helper, asinarán un documento de compromiso.
12. Horario:
a. Durante o curso e Verán: durante a semana e fin de semana e festivos de 9:00-13:00 e de 15:00-9:00
b. En exames: durante a semana: 19:30-9:00 //Fin de semana e festivos: 15:00-17:00 e 19:30-9:00
c. En exames (xaneiro/maio) só haberá un helper.
d. No segundo cuatrimestre pola noite só haberá un helper.
e. Os horarios e/ou número de helpers poderanse modificar en función das necesidades do hospital, previa reunión.

Os/as candidatos/as deben presentar as súas solicitudes segundo o seguinte modelo:

Esta solicitud debe acompañarse de:

• Expediente académico baremado (non é preciso o orixinal, coa copia que se obtén na secretaria virtual é suficiente).
• Fotocopia do DNI ou documento equivalente.
• Relación de cursos, prácticas extracurriculares ou calquera outro mérito que o/a candidato/a desexe facer constar (debidamente xustificado).

O prazo de entrega é ata o 15 de maio de 2024. Débese entregar na recepción do HVU – Rof Codina en horario de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00.

As solicitudes tamén poderán ser entregadas por correo electrónico no enderezo “antonio.cantalapiedra@usc.es“, indicando no asunto “Solicitud Helper”.

Noticias Recientes

Reciba un aviso cuando publiquemos noticias nuevas

Reciba un aviso cando publiquemos novas

Consulta a actualidade da Fundación Pública Galega Rof Codina e outras novas de interese sobre docencia, asistencia e investigación veterinaria e biomédica.