Cita previa asistencia: 982 820 920

Urxencias veterinarias: 600 940 226

Idiomas ES GL EN

Idiomas ES GL EN

A Fundación Rof Codina colabora na conservación da raza Can de Palleiro mediante a prestación de apoio técnico e asistencial

O xerente da Fundación ‘Rof Codina’, Javier Ferreira, e o presidente do Club Raza Can de Palleiro, Juan Carlos Puente, renovan un acordo de colaboración para os próximos catro anos que visibiliza o compromiso a prol das razas autóctonas galegas.

A Fundación Rof Codina colabora coa conservación e a reprodución da raza can de palleiro, a través da prestación de apoio técnico e asistencial, tal e como se puxo de manifesto este xoves no acto de sinatura da renovación do convenio co Club Raza Can de Palleiro, que é a organización autorizada e recoñecida pola Xunta de Galicia para tratar desta raza, ademais de para xestionar o Libro Xenealóxico da mesma.

O xerente da Fundación Rof Codina, Javier Ferreira, e o presidente do club de Raza Can de Palleiro, Juan Carlos Puente, estenderon coa renovación deste acordo e por un período doutros catro anos a xa estreita colaboración que manteñen as dúas entidades desde 2019. A secretaria do Club Raza Can de Palleiro, Irene Puentes, o tesoureiro da entidade, José Manuel Vales, e o director veterinario do Hospital Universitario Veterinario Rof Codina, Antonio González Cantalapiedra, tamén asistiron ao acto de sinatura do convenio.

Ferreira e Puente salientaron a “vital importancia” deste convenio, dado que permite á Fundación Rof Codina traballar a prol da recuperación e consolidación das razas autóctonas galegas, ao tempo que ofrece o club un soporte científico-técnico para o desenvolvemento do seu labor de promoción e conservación da raza.

Avanzar na crianza responsable, un dos obxectivos

A Fundación Rof Codina, segundo se recolle no acordo, colabora co Club Raza Can de Palleiro na conservación e reprodución da mesma mediante a prestación de apoio técnico-asistencial, así como cun banco de seme de exemplares da raza. Ademais, os profesionais ligados á ‘Rof Codina’ tamén realizan neste eido outras actividades científicas e investigadoras, estudos de comportamento da raza para buscar unha mellora xenética e unha crianza responsable, ademais de prestación de servizos asistencias aos exemplares da raza e formación para os/as socios/as do club.

O Club de Raza Can de Palleiro é a organización autorizada e recoñecida pola Xunta de Galicia para tratar da Raza Can de Palleiro e xestionar o seu ‘Libro Xenealóxico’. Trátase dunha entidade que nace como tal en 2002 e, na actualidade, este club conta con máis de 2.800 exemplares rexistrados.

Noticias Recientes

Reciba un aviso cuando publiquemos noticias nuevas

Reciba un aviso cando publiquemos novas

Consulta a actualidade da Fundación Pública Galega Rof Codina e outras novas de interese sobre docencia, asistencia e investigación veterinaria e biomédica.