Cita previa asistencia: 982 820 920

Urxencias veterinarias: 600 940 226

Idiomas ES GL EN

Idiomas ES GL EN

PROGRAMA JUNIOR HVU-RC CURSO 2023/24

PROGRAMA DE ACOMPAÑAMENTO E INICIACIÓN CLÍNICA NO HOSPITAL VETERINARIO UNIVERSITARIO ROF CODINA PARA ESTUDANTES DE PRIMEIRO E SEGUNDO CURSO.

O Hospital Veterinario Universitario RofCodina abre a convocatoria para a realización de prácticas extra-académicas na sección de pequenos animais desde SETEMBRO de 2023 ao 31 de MAIO do 2024.

Dirixido a: estudantes de primeiro, segundo e terceiro curso.

Horario de traballo: de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.

Duración mínima: 3 días.

Duración máxima: 10 días.

Condicións: para o seu mellor aproveitamento, os períodos de actividade deben incluír polo menos dous días consecutivos.

Prazas por día ofertado: 4 estudantes de luns a venres e 4 estudantes festivos e fins de semana.

Actividades a realizar: Acompañamento de estudantes de cursos superiores e veterinarios do HVU-RC na clínica e hospitalización de pequenos animais.

Método de selección: Orde de inscrición.

É obrigatorio asinar o compromiso da lei de protección de datos, xa que non se poden tomar imaxes ou datos da actividade do HVURC.

Onde e como inscribirse: A partir do 27 de setembro de 2023 de 12:00 a 18:00 horas, no mostrador de admisión está ao dispor de todos os interesados unha caderno-calendario para que cada un apúntese os días que lle interese, seguindo a normativa desta convocatoria.

IMPORTANTE:
Antes de apuntarvos, consultade a convocatoria para que saibades que días vos podedes apuntar e lembrade que non podedes preguntar ao persoal de admisión, xa que eles non teñen información sobre esta convocatoria.

Noticias Recientes

Reciba un aviso cuando publiquemos noticias nuevas

Reciba un aviso cando publiquemos novas

Consulta a actualidade da Fundación Pública Galega Rof Codina e outras novas de interese sobre docencia, asistencia e investigación veterinaria e biomédica.