postit-gl

hospital

A Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago recolle en Lugo a tradición da antiga Escola Especial de Veterinaria, que comezou a formar profesionais a finais do século XIX.

A apertura en 1984 da nova facultade reforzouse dez anos despois co establecemento das bases legais para a posta en marcha do Hospital Clínico Veterinario, a partir do interese da Universidade por completar a docencia cunha formación práctica hospitalaria que servise ademais para atender unha crecente demanda.

 

No ano 1994 establecéronse as bases legais necesarias para a creación da Fundación Rof Codina e durante o ano 1995 realizáronse os esforzos organizativos e de deseño precisos para a posta en marcha do Hospital Veterinario Universitario Rof Codina (HVU-RC) da Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela, que naceu ao amparo da constitución da Fundación Rof Codina en mayo de 1994, en honor dun dos técnicos pioneros en mellorar as condicións sanitarias e produtivas do sector agropecuario galego.

Este hospital universitario ten uns obxectivos xerais que son:

  • Mellorar a docencia da Facultade de Veterinaria mediante a utilización das súas infraestructuras e toda a casuística clínica, así como outros ensinos máis especializados das distintas profesións biosanitarias.
  • Liderar o coidado e benestar dos pacientes, ofertando servizos asistenciales de alta calidade aos propietarios e veterinarios en xeral.
  • Impulso á investigación clínica e innovación científica, das ciencias Biomédicas e Experimentais.

O HVH-RC está dividido en varios servizos e especialidades, dirixidos a 3 grandes grupos de pacientes: pequenos animais e exóticos, animais de renda e equinos.

A casuística anual é superior a 8.000 casos. Na clínica ambulante realizan prácticas 200 alumnos visitando a medio centenar de explotacións con máis de 2.000 animais de produción lechera e cárnica.

O complexo hospitalario veterinario Rof Codina esténdese sobre unha superficie de 5.000 metros cadrados, 3.000 dos cales están destinados a consultas e todas as infraestructuras asistenciales necesarias, como quirófanos e servizos de diagnóstico, mentres que os 2.000 restantes están ocupados por catro pabellones de hospitalización, cuarentena e experimentación animal.

O equipamiento e a especialización dos profesores e facultativos do HVU-RC fan del un centro de referencia en todo o Noroeste peninsular e polo tanto de apoio a todos os profesionais sanitarios.

entrada

becas internado

becas TSFP

becas SAC

programa helper-es

becas apoyo

programa junior-es

200x90 Xunta Conselleria Educacion200x90 USC200x90 Concello200x90 Deputacion

Utilizamos cookies para mejorar nuestro sitio web y su experiencia al usarlo. Las cookies utilizadas por el funcionamiento esencial de este sitio ya se han establecido. Para saber más sobre las cookies que utilizamos y cómo eliminarlas, consulte nuestra página sobre el uso de cookies.

  Acepto las cookies de este sitio.
Información sobre las Cookies
Directiva de la UE sobre el uso de Cookies