postit-es

INFORMACIÓN DAS NORMAS DE FUNCIONAMENTO DO HVU-RC PARA O REINICIO DA ACTIVIDADE DURANTE A DESESCALADA.

Comunicado medidas COVID-19

(Estas medidas empezaran a funcionar o día 4 de maio de 2020)

1. SÓ SE ATENDERÁN PACIENTES CON CITA PREVIA OU URXENCIAS.

2. PARA SOLICITAR UNHA CITA CONTACTAR CO SERVIZO DE ADMISIÓN NO 982 820 920 EN HORARIO DE 09:00 A 17:00 H.

3. EN CASO DE URXENCIA EN HORARIO DIFERENTE DO ANTERIOR CHAMAR AO 600 940 226.

4. NOS SERVIZOS SEGUIRANSE AS SEGUINTES NORMAS:
a. Excepto casos de risco vital, SÓ SE ATENDERÁN PACIENTES CON CITA PREVIA.
b. CADA ANIMAL SERÁ ACOMPAÑADO POR UNHA ÚNICA PERSOA que
i. Accederá ao HVU-RC vestindo máscara e luvas (no caso que non as traia proporcionáranselle en Admisión).
ii. Durante a realización de probas e intervencións non poderá esperar no HVU-RC. En función das probas a realizar comunicaráselle unha hora aproximada para que recolla o animal ou avisarase por teléfono.
c. NON SE PERMITIRÁN VISITAS AOS ANIMAIS HOSPITALIZADOS.
d. A INFORMACIÓN AOS PROPIETARIOS/AS DOS ANIMAIS SERÁ POR VÍA TELEFÓNICA.

5. A FARMACIA FUNCIONARÁ NORMALEMENTE.

6. O LABORATORIO FUNCIONARÁ NORMALMENTE.

7. A ADMINISTRACIÓN DO HOSPITAL ESTARÁ ABERTA EN HORARIO DE MAÑÁ. Limitaranse ao máximo as visitas e as persoas que a visiten deberán vestir máscara protectora e respectar a distancia de seguridade.

8. O SERVIZOS DE MANTEMENTO FUNCIONARÁN NORMALMENTE.

9. NON ASISTIR AO HVU-RC SE:
◦ Se presentan síntomas da COVID-19
◦ Se estivo en contacto estreito con persoas diagnosticada nos últimos 14 días.
◦ Se se trata de persoal de risco por idade, embarazo, ou patoloxías médicas.

10. É OBRIGATORIO O USO DE MÁSCARA PROTECTORA PARA TODO O PERSOAL.

11. DEBE MANTERSE UNHA DISTANCIA INTERPERSOAL DE 2 METROS.

12. EVITAR AS AGLOMERACIÓNS DE PERSONAS NAS ZONAS COMÚNS.

13. EVITARANSE AS REUNIÓNS PRESENCIAIS (Intentarase realizalas por videoconferencia).

14. EVITAR PERMANECER MÁIS DE DÚAS PERSOAS NUN MESMO DESPACHO, se non se pode debe respectarse a distancia de 2 metros e ventilar correctamente a estancia.

15. LAVAR E DESINFECTAR AS MÁNS FRECUENTEMENTE, para iso existen dispositivos de dispensación de solución hidroalcólica instalados no HVU-RC.

16. EVITAR OS SAÚDOS CON CONTACTO FÍSICO.

17. SE NOS DÍAS SEGUINTE Á VISTITA AO HVU-RC SE CONTRAE A COVID-19 INFORMAR Á XERENCIA PARA QUE TOME AS MEDIDAS OPORTUNAS.

Como consecuencia do brote de coronavirus COVID-19 no Hospital Veterinario Universitario Rof Codina (HVU-RC) e tendo en conta:
− As normas fixadas tanto pola Xunta de Galicia como pola Universidade de Santiago de Compostela respecto ás actividades docentes.
− A prioridade de velar pola seguridade de todo o persoal do HVU-RC.
− A colaboración coas autoridades sanitarias en todo o posible para conter a expansión do COVID-19.
O HVU-RC adopta as seguintes medidas a partir do luns 16 de marzo:
1. Pechar o HVU-RC ao público, suspendendo toda a actividade programada, pasando a realizarse atención telefónica de consultas en horario de 09:00 a 14:00. Nos teléfonos 982 820 920 e 600 940 226.
2. Manter os servizos de urxencias e hospitalización coas seguintes normas:
a. Cada animal será acompañado por unha única persoa.
b. Non se permitirán visitas aos animais hospitalizados.
c. A información aos propietarios/as dos animais será por vía telefónica.
d. O persoal do HVU-RC que atenda estes servizos deberá vestir máscara protectora e luvas en todo momento.
 
3. A administración do hospital permanecerá pechada. O persoal desta realizará teletraballo. Non se recibirán visitas comerciais.
4. O día 25 de marzo reunirase a Comisión de Dirección do HVU-RC para avaliar o efecto destas medidas e decidir sobre a continuidade das mesmas.

becas internado

becas TSFP

becas SAC

programa helper-es

becas apoyo

programa junior-es

200x90 Xunta Conselleria Educacion200x90 USC200x90 Concello200x90 Deputacion

Utilizamos cookies para mejorar nuestro sitio web y su experiencia al usarlo. Las cookies utilizadas por el funcionamiento esencial de este sitio ya se han establecido. Para saber más sobre las cookies que utilizamos y cómo eliminarlas, consulte nuestra página sobre el uso de cookies.

  Acepto las cookies de este sitio.
Información sobre las Cookies
Directiva de la UE sobre el uso de Cookies