postit-en

Como consecuencia do brote de coronavirus COVID-19 no Hospital Veterinario Universitario Rof Codina (HVU-RC) e tendo en conta:
− As normas fixadas tanto pola Xunta de Galicia como pola Universidade de Santiago de Compostela respecto ás actividades docentes.
− A prioridade de velar pola seguridade de todo o persoal do HVU-RC.
− A colaboración coas autoridades sanitarias en todo o posible para conter a expansión do COVID-19.
O HVU-RC adopta as seguintes medidas a partir do luns 16 de marzo:
1. Pechar o HVU-RC ao público, suspendendo toda a actividade programada, pasando a realizarse atención telefónica de consultas en horario de 09:00 a 14:00. Nos teléfonos 982 820 920 e 600 940 226.
2. Manter os servizos de urxencias e hospitalización coas seguintes normas:
a. Cada animal será acompañado por unha única persoa.
b. Non se permitirán visitas aos animais hospitalizados.
c. A información aos propietarios/as dos animais será por vía telefónica.
d. O persoal do HVU-RC que atenda estes servizos deberá vestir máscara protectora e luvas en todo momento.
 
3. A administración do hospital permanecerá pechada. O persoal desta realizará teletraballo. Non se recibirán visitas comerciais.
4. O día 25 de marzo reunirase a Comisión de Dirección do HVU-RC para avaliar o efecto destas medidas e decidir sobre a continuidade das mesmas.

becas internado

becas TSFP

becas SAC

programa helper-es

becas apoyo

programa junior-es

200x90 Xunta Conselleria Educacion200x90 USC200x90 Concello200x90 Deputacion

Utilizamos cookies para mejorar nuestro sitio web y su experiencia al usarlo. Las cookies utilizadas por el funcionamiento esencial de este sitio ya se han establecido. Para saber más sobre las cookies que utilizamos y cómo eliminarlas, consulte nuestra página sobre el uso de cookies.

  Acepto las cookies de este sitio.
Información sobre las Cookies
Directiva de la UE sobre el uso de Cookies